Sunday 05 de May de 2024

Ábrese o prazo de inscrición nas “Escolas de Actividade Física e Saúde 2016” do Concello de Cambre


O programa, que comeza a partires do 8 de xaneiro, seguirá contando cun amplo abano de actividades deportivas coas que se pretende cubrir as necesidades e demandas dos diferentes grupos de idade

Do 9 ao 19 de decembro ábrese o prazo de inscrición nas “Escolas de Actividade Física e Saúde 2016” do Concello de Cambre. O programa, que comeza a partires do 8 de xaneiro, seguirá contando cun amplo abano de actividades deportivas coas que se pretende cubrir as necesidades e demandas dos diferentes grupos de idade, promocionar a práctica de determinadas modalidades minoritarias e facilitar outras de difícil acceso para a maior parte da poboación. Entre as actividades destacan o Aerobic, relajación, tenis, equitación, ioga e o judo.
A inscrición debe realizarse nos rexistros municipais, e a selección final dos participantes será por sorteo naquelas actividades nas que o número de inscritos sexa maior que o número de prazas ofertadas.
Poden atopar toda a información na web municipal (www.cambre.es/avisos/escolas-de-actividade-fisica-e-saude-2016/) , ou dirixirse á oficina de Deportes do Concello (981 613 186 – deportes@cambre.org).